xoves, 30 de abril de 2020

POONTE EN FORMA

Que tal rapaces e rapazas? Como foron os retos de onte? Espero que ben!!!  E que vos gustasen!!!
Hoxe comeza unha ponte que vai ata o martes así que  vou deixarvos varias propostas para que fagades durante estes días.

PROPOSTA 1


Imos facer un repaso das partes do corpo. Primeiro con un vídeo que nos explica e ensina cales son e despois cunha canción que nos servirá para entrar en calor e repasar esas partes do corpo. ÁNIMO E A DARLLE DURO!!!






PROPOSTA 2. ESPECIAL PAPIS E MAMIS

A seguinte proposta é para facela con mami e/ou papi. Uns exercicios para poñerse en forma xuntos. Psicomotriceando en familia,  hai algún plan mellor!!!!


E despois remataremos agradecéndolle a mami e a papi a súa axuda bailando e cantando con eles a canción QUEROTE MÁIS!!! 
 A PASALO XENIAL!!!!




PROPOSTA 3

Bueno, agora algo para relaxarse un pouco, eu xa estou suando. Esto si que é poñerse en forma!!!
Así que agora uns xogos para estar sentadiños e concentrados traballando a psicomotricidade fina.
No vídeo presentan cinco xogos que requiren de material pero que podedes elaborar de maneira sinxela. Escollede o que máis vos guste e ao choio!!!





ATA O MARTES, PASÁDEO...SUPER BEN!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario