venres, 17 de abril de 2020

DOUS POR UN

A primeira  proposta é para xogar en familia a estes dous xogos:


O XOGO DO CAMALEÓN: lembrade, ese animaliño que cambia de cor. Para xogar precisaremos música e cando a música  pare, teremos que tocar a cor que o mestre diga ( azul, verde, amarelo...). Pode ser na nosa roupa ou nalgún dos obxectos que nos rodean. Así repasaremos tamén as cores. Podedes utilizar a canción do camaleón que vos deixo no vídeo ou outra calquera, eso sí, ten que ser movida.



O XOGO DAS ESTATUAS MUSICALES: o xogo consiste en bailar mentres soa a música e quedarse quietos, coma estatuas, cando esta se deten. Podemos ir metendo instrucións como a estatua ten que ser de xeonllos, coa lingua fora, tocando as orellas, etc. Deixovos unha canción duns amigos meus, Uxía Lambona e a Banda Molona, por se a queredes utilizar:


A PASALO XENIAL!!!




A segunda proposta e para relaxarnos. Neste vídeo-conto propóñenvos traballar ioga a partir dos animais. Anímate a probar!!! Xa verás que divertido.😜😜



BOA FIN DE SEMANA!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario