xoves, 30 de abril de 2020

POONTE EN FORMA

Que tal rapaces e rapazas? Como foron os retos de onte? Espero que ben!!!  E que vos gustasen!!!
Hoxe comeza unha ponte que vai ata o martes así que  vou deixarvos varias propostas para que fagades durante estes días.

PROPOSTA 1


Imos facer un repaso das partes do corpo. Primeiro con un vídeo que nos explica e ensina cales son e despois cunha canción que nos servirá para entrar en calor e repasar esas partes do corpo. ÁNIMO E A DARLLE DURO!!!






PROPOSTA 2. ESPECIAL PAPIS E MAMIS

A seguinte proposta é para facela con mami e/ou papi. Uns exercicios para poñerse en forma xuntos. Psicomotriceando en familia,  hai algún plan mellor!!!!


E despois remataremos agradecéndolle a mami e a papi a súa axuda bailando e cantando con eles a canción QUEROTE MÁIS!!! 
 A PASALO XENIAL!!!!




PROPOSTA 3

Bueno, agora algo para relaxarse un pouco, eu xa estou suando. Esto si que é poñerse en forma!!!
Así que agora uns xogos para estar sentadiños e concentrados traballando a psicomotricidade fina.
No vídeo presentan cinco xogos que requiren de material pero que podedes elaborar de maneira sinxela. Escollede o que máis vos guste e ao choio!!!





ATA O MARTES, PASÁDEO...SUPER BEN!!!


mércores, 29 de abril de 2020

RETOS.....SEGUNDA PARTE


Ola rapaces e rapazas!!! O prometido e débeda así que aquí está a segunda parte dos retos. Facede os que poidades, un, dous ou os tres.

EXPLICACIÓN XERAL




RETOS 3 ANOS



RETOS 4 ANOS



RETOS 5 ANOS





Recordade que podedes compartir vídeos e fotos dos retos mandándoos ao meu correo


 NON LLE SAE A QUEN NON O INTENTA 

O IMPORTANTE É PARTICIPAR

A divertirse!!!!💪💪💪

martes, 28 de abril de 2020

FROZEN- IOGA PARA NENOS

Que tal chic@s? Para hoxe un conto- ioga basado na historia de FROZEN. É bastante largo pero podemos facelo por partes. Cada día un anaco. Espero que vos guste. Moito ánimo e ao choio!!!
Un día menos 💪💪💪


É para mañá sorpresa... Chegan os retos!!!
Estades preparados 3,2,1...

luns, 27 de abril de 2020

XIMNASTAS

Que tal rapazadaaaa? Como estamos hoxe? Despois do fin de semana toca poñernos as pilas!!! Así que hoxe déixovos un vídeo con uns cantos exercicios cos que poñernos en forma. Preparados, listos, xa... Veña todos a probar!!!



E para rematar nada mellor que bailar todos xuntos esta canción dos CANTAXOGOS : " Levantando as mans"


venres, 24 de abril de 2020

CHEGOU O FIN DE SEMANA


Ola rapazada!!!Como vai iso? Temos que estar contentos xa que este fin de semana vannos a deixar saír un pouco de casa. Supoño que é o que agradecemos todos os que vivimos en pisos.


Bueno ao que imos. Déixovos dúas propostas para que estes tres días teñades opcións de diversión.

A primeira proposta é " Este é o baile do movemento" Quero ver como movedes as diferentes partes do corpo e como gozades facéndoo. Moito ánimo!!!



A segunda proposta sería elaborar un xogo de lanzamento: " Os discos voadores". Consiste nun xogo de lanzamento e precisión. Para iso necesitamos pratos de cartón ou simplemente cartón para poder realizar os discos de lanzamento e un tubo de cartón de papel de cociña. Adxunto un vídeo de como facelo, é moi sinxelo, xa veredes. Así que xa só queda poñerse ao choio e a xogar!!!!



UN DÍA MENOS 💪💪💪💪
Lembrade que podedes revisar tamén entradas anteriores que vos gustaran e repetilas!!!!

xoves, 23 de abril de 2020

PROPOSTAS PARA HOXE

Bo día a tod@s!!! Para hoxe traio dúas propostas.

A primeira sería para os máis mañosos e propóñovos facer unha manualidade coa que despois poderemos xogar. "GARRAFA TRAGABOLAS" Precisamos unha garrafa de plástico ou no seu defecto podemos unir varias botellas de plástico con cinta adhesiva e cortalas pola parte de arriba ( tamén valería unha caixa de cartón). Coa vosa imaxinación podedes adornala da forma que queirades. Despois con tapóns, pelotas de papel podemos xogar a metelas dentro. Abaixo tedes uns modelos. Mans ao choio.






A segunda proposta e máis movida.... Vamos a mover o esquelete. A ver quen é capaz de imitar estes bailes.... Animade aos vosos pais. Non hai como bailar en familia👏👏👏






VEÑA TOD@S A BAILARRRR!!!!
UN DÍA MENOS💪💪💪


mércores, 22 de abril de 2020

martes, 21 de abril de 2020

ELIXE O XOGO

Bos días!!! Hoxe déixovos un vídeo con unha chea de xogos que podedes facer na casa. Agora soamente tendes que escoller os que máis vos gustan e poñelos en práctica coa axuda de papi ou mami. É moi importante que vos manteñades activos. Unha aperta. 
Un día menos 💪💪💪


Por certo, mañá teremos sorpresa!!!

luns, 20 de abril de 2020

ATENT@S E CONCENTRAD@S

Ola chic@s!!! Xa de volta da fin de semana. Hoxe vamos facer xogos de concentración. Precisaredes da axuda de papi ou mami para que vos axuden.

ENANOS E XIGANTES: Facémolo en clase. Neste xogo temos dous posicións:

- Xigantes: de pé cos brazos estirados.
- Enanos: agachados.

Temos que ir dicindo que posición queremos que adopten. Primeiro despacio, despois máis rápido e por último intentando enganalos. Sempre de pé sen moverse do sitio.


SIMÓN DI: Este é un pouco máis complicado. Os nenos deben reproducir aquelas accións que veñen precedidas de Simón di. Se digo a acción sen dicir simón dí non deben facelo. Deixovos un vídeo para que vexades como vai.



1,2,3: Este xogo é o máis complicado dos tres. Para os máis intrepidos. No vídeo ven perfectamente explicado. Xa sabedes retade a mami ou a papi. Pero sempre moi concentrados.



venres, 17 de abril de 2020

DOUS POR UN

A primeira  proposta é para xogar en familia a estes dous xogos:


O XOGO DO CAMALEÓN: lembrade, ese animaliño que cambia de cor. Para xogar precisaremos música e cando a música  pare, teremos que tocar a cor que o mestre diga ( azul, verde, amarelo...). Pode ser na nosa roupa ou nalgún dos obxectos que nos rodean. Así repasaremos tamén as cores. Podedes utilizar a canción do camaleón que vos deixo no vídeo ou outra calquera, eso sí, ten que ser movida.



O XOGO DAS ESTATUAS MUSICALES: o xogo consiste en bailar mentres soa a música e quedarse quietos, coma estatuas, cando esta se deten. Podemos ir metendo instrucións como a estatua ten que ser de xeonllos, coa lingua fora, tocando as orellas, etc. Deixovos unha canción duns amigos meus, Uxía Lambona e a Banda Molona, por se a queredes utilizar:


A PASALO XENIAL!!!




A segunda proposta e para relaxarnos. Neste vídeo-conto propóñenvos traballar ioga a partir dos animais. Anímate a probar!!! Xa verás que divertido.😜😜



BOA FIN DE SEMANA!!!

xoves, 16 de abril de 2020

XOGAMOS CON GLOBOS


Ola rapazada!!! A proposta para hoxe e sinxela. Soamente precisamos un globo. Lembrade que podemos xogar co globo de diversas maneiras: sen inchar, inchado, golpeando coas mans, cabeza, pes, suxeito ao corpo, soplándolle para desplazalo e un montón de ideas máis. Déixovos dous vídeos, o primeiro para os máis pequenos 3 e 4 anos e o segundo para os de 5 anos e para os máis intrépidos. Unha aperta e a pasalo moi ben!!! Un día menos 💪💪💪


martes, 14 de abril de 2020

O RETO!!!

Olaaa!!! Como están eses ánimos? Pois eu teño unha pregunta, quen quere xogaarrrr? Quen quere bailarrrr? Ben, hoxe plantexo un reto a pais e nenos. Encontrei esta canción e pareceume adecuada para que pais e nenos a disfrutedes en familia. Así que o reto consiste en seguir todos xuntos está coreagrafía bastante sinxela e divertida. Veña!! A que estades esperando!!!
 💪💪😜



ENTRENA NA CASA

Ola rapazada!!! Despois de uns cantos días, xa estamos de volta con novidades. Estamos todos ben? Con ánimos para comezar o terceiro trimestre? Seguro que sí 💪💪💪😜
A primeira novidade é que xa temos un blogue de Infantil Canicouva o que podedes acceder pinchando na columna da dereita, enriba da imaxe.
Eu seguirei poñendo diariamente neste blogue  algunha actividade, xogos, e proximamente sorpresas, estade atentos!!!
Para hoxe un entrenamiento na casa, intentatade os que poidades ou os que máis vos gusten. Unha aperta enorme. Moito ánimo. Un día menos!!!



A ENTRENAR!!! AO CHOIO!!!

mércores, 8 de abril de 2020




XOGOS 
PSICOMOTRICIDADE GROSA


É agora a mover todo o corpo. Neste vídeo tendes unha serie de actividades e xogos para traballar o movemento , a coordinación e axilidade a nivel global. Ánimo e a divertirse!!!



UN DÍA MENOS!!!!
Espérovos o luns con novas actividades.
Pasalo moi ben!!!


XOGOS E ACTIVIDADES PSICOMOTRICIDADE FINA

Bos días a tod@s!!! Hoxe déixovos unha chea de actividades para traballar a psicomotricidade fina. É moi importante que as nosas mans fagan cousiñas para estar  cada vez máis preparadas e listas coa finalidade de alcanzar un nivel adecuado de precisión e coordinación.




AO CHOIO!!! CAMPIÓNS!!!!!
UN DÍA MENOS PARA A VOLTA

martes, 7 de abril de 2020

MISIÓN IMPOSIBLE


Ola chic@s!!! Xa sabedes que cando facemos na clase algunha actividade arrisgada utilizamos a canción de misión imposible. Hoxe propóñovos un circuito diferente. Temos que pedirlle a mamá e a papá que nos axuden a montalo e incluso a xogar connosco. Espero que disfrutedes moito con esta actividade. Unha aperta enorme.

                                             

luns, 6 de abril de 2020

Para os máis creativ@s. Sempre é bo momento para facer unha manualidade que despois nos servirá para xogar. Neste caso faremos un balero con material de refugallo. Soamente falta conseguir o material por casa e mans a obra. A divertirse!!! Un día menos!!! Unha aperta rapazada.

venres, 3 de abril de 2020

QUEROTE MÁIS


Bos días. Hoxe comezarían as vacacións de semana Santa... que quere dicir iso, pois que nos merecemos un pouquiño de chocolate jeje😋😋😋🍫🍫🍫
Ben, ao que imos. Hoxe plantéxovos un lenzo en branco. Vou pedirvos que cantedes e bailedes a canción "QUEROTE MÁIS" e vos inventedes un bailecito ou coreografía para o estribillo. Poden axudarvos papá e mamá. Que vos graven e mandádesllo ás persoas que máis queredes... que vos parece?
Espero que gocedes moito facéndoo. Forza e ánimo. Xa queda menos!!!💪💪💪 Unha aperta.


Ahhhh!!! Unha última cousa para a fin de semana podedes repetir algunha das actividades anteriores.

xoves, 2 de abril de 2020

RITMO!!!!


Hoxe unha canción con moooito ritmo. Veña a ver quen a aprende e é capaz  de seguila!!! Traballaremos o ritmo e a coordinación, xogando a aplaudir. Moito ánimo!!!



Déixovos unha canción para repasar as partes do corpo. Espero que vos gustase a canción e o vídeo de onte. Unha aperta para tod@s.



mércores, 1 de abril de 2020

O NOSO CORPO

Ola chic@s!!!!
Hoxe imos repasar as partes do corpo. No primeiro vídeo fan un repaso e  ensínannos cales son e onde están. Aprenderan vocabulario como cabeza, tronco, extremidades, etc.




E agora, imos facer os movementos que nos piden e cantar esta canción sobre as PARTES DO CORPO

Preparados, listos. xaaaaa!!!




APRENDER E DISFRUTAR!!!!!!