venres, 24 de abril de 2020

CHEGOU O FIN DE SEMANA


Ola rapazada!!!Como vai iso? Temos que estar contentos xa que este fin de semana vannos a deixar saír un pouco de casa. Supoño que é o que agradecemos todos os que vivimos en pisos.


Bueno ao que imos. Déixovos dúas propostas para que estes tres días teñades opcións de diversión.

A primeira proposta é " Este é o baile do movemento" Quero ver como movedes as diferentes partes do corpo e como gozades facéndoo. Moito ánimo!!!



A segunda proposta sería elaborar un xogo de lanzamento: " Os discos voadores". Consiste nun xogo de lanzamento e precisión. Para iso necesitamos pratos de cartón ou simplemente cartón para poder realizar os discos de lanzamento e un tubo de cartón de papel de cociña. Adxunto un vídeo de como facelo, é moi sinxelo, xa veredes. Así que xa só queda poñerse ao choio e a xogar!!!!



UN DÍA MENOS 💪💪💪💪
Lembrade que podedes revisar tamén entradas anteriores que vos gustaran e repetilas!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario