martes, 31 de marzo de 2020

HOXE TOCA IOGA

Arriba esos ánimos!!! Que tal onte cos xogos? Espero que o pasásedes fenomenal.
Para hoxe imos mergullarnos no fondo do mar e facer ioga cos animais mariños. Concentración e a pasalo fenomenal. Unha aperta para tod@s.


luns, 30 de marzo de 2020

AVISO IMPORTANTE

PARA OS ALUMNOS DE 1º DE PRIMARIA LEMBRARLLE QUE AS ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA ELES ESTÁN NO BLOGUE  https://efcanicouva.blogspot.com PERO QUE TAMÉN  OS ANIMO A SEGUIR ESTE BLOGUE DE INFANTIL NO QUE IGUAL ENCONTRAN ALGUNHA PROPOSTA INTERESANTE PARA LEVAR A CABO. 

UN SAÚDO, O PROFE MOISÉS.

TAREFA LUNS 30

SOMOS MESTRES DE PSICOMOTRICIDADE

Bos días a tod@s!!! Comezamos unha nova semana e temos que facelo con moita enerxía💪💪💪

Na proposta para hoxe teredes que axudarme. Como mestres  ides ensinarlle a vosa familia os xogos que vos propoño e que todos coñecedes:

Poderíamos comezar, como quecemento, coa rutina de desplazamentos que vos propuxen en días anteriores : reptar, saltar, cuadrupedias,... E despois:

O XOGO DO CAMALEÓN: lembrade, ese animaliño que cambia de cor. Para xogar precisaremos música e cando a música se pare teremos que tocar a cor que o mestre diga ( azul, verde, amarelo...). Pode ser na nosa roupa ou nalgún dos obxectos que nos rodean. Así repasaremos tamén as cores. Podedes utilizar a canción do camaleón que vos deixo no vídeo ou outra calquera, eso sí, ten que ser movida.



O XOGO DAS ESTATUAS MUSICALES: o xogo consiste en bailar mentres soa a música e quedarse quietos, coma estatuas, cando esta se deten. Podemos ir metendo instrucións como a estatua ten que ser de xeonllos, coa lingua fora, tocando as orellas, etc. Deixovos unha canción duns amigos meus, Uxía Lambona e a Banda Molona, por se a queredes utilizar:


A PASALO XENIAL!!!


venres, 27 de marzo de 2020

XOGOS E ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA

Hoxe unha aportación do profe Marcos, actividades para facer na casa . O máis importante e exprimir esa imaxinación que tendes sempre sendo responsables e aproveitar os recursos que teñamos na casa que ainda que non o pareza son moitos. Escollede os que vos gusten máis e a pasalo xenial👏👏👏



xoves, 26 de marzo de 2020

INFORMACIÓN SOBRE O BLOGUE

Boas tardes!!!
Como vai todo? Cansados de estar na casa? Bueno, sabedes que isto é unha situación moi especial e que é o mellor para todos, coidarnos durante un tempo para despois volver a vernos.
Queríamos lembrarvos que para acceder a este blogue podedes facelo desde a páxina web do cole( no apartado que pon NOVAS e despois buscando no apartado blogues) ou directamente desde google buscando https://oprofemoises.blogspot.com. Podedes facelo tanto desde un ordenador como desde un teléfono móbil.
Tamén temos un blogue para a Ed. Física de primaria que tamén está na páxina do cole e que tamén se pode buscar desde google https://efcanicouva.blogspot.com.
É posible que algún dos vosos amigos non este o corrente da existencia de estes blogues por iso precisamos da vosa axuda para darlle a maior difusión posible e que todos podades acceder as cousiñas que os mestres imos plantexando. Avisade a todos, vale 😜
Gracias. Ánimo e forza!!!!! 💪💪💪

DESPLAZAMENTOS

Bos días!!! Queredes xogarrrr? Propóñovos practicar os desplazamentos como facemos na clase. Eso sí teredes que explicarlle a papi e a mami como o facemos na clase de psico. Utilizamos animais para levalo a cabo  Comezamos :

- SERPES ( Reptar apoiando a barriga no chan)
- CANS- GATOS ( Cuadrupedias , coas mans e xeonllos apoiados no chan )
- OSOS ( Cuadrupedia, está vez apoiando mans e pés, cú arriba)
- RAS ( saltos agachados, cu abaixo)
- CANGUROS ( saltos en posición de pé)
- CANGREXOS ( Cuadrupedia invertida, pés e mans apoiadas e barriga mirando o teito)
- VERMES ( Reptar coa barriga mirando o teito)

Unha vez rematedes podedes bailar esta canción dos CANTAXOGOS que nos fala dos desplazamentos. A DIVERTIRSE!!!





mércores, 25 de marzo de 2020

A BÚSQUEDA DO TESOURO


Hoxe tédeslle que explicar aos vosos pais como é o xogo DA BUSQUEDA DO TESOURO que facemos en clase.
Propóñovos que mamá ou papá escóndanvos algo e vós debedes buscalo. Podemos empezar por escondelo nunha habitación, despois en dúas, para acabar escondendo en toda a casa.
Iso si non estaría mal unha recompensa para estes marabillosos buscadores de tesouros. Este é un xogo para toda a familia así que xa sabedes. Quen será o mellor buscador???
Moito ánimo. Eu quédome en casa!!!!




martes, 24 de marzo de 2020

XOGOS EN FAMILIA


Bos días!!!! Arriba que xa é de día!!! Hoxe propóñovos un pouco de exercicio en familia. Espero que esteades preparados para levalo a cabo. Ánimo e que o disfrutedes.💪😜


luns, 23 de marzo de 2020

A MOVER O CORPO

Bo día a todos. Hoxe propóñovos un pouco de baile e movemento. Premendo no enlace de abaixo encontraredes cancións motrices de CANTAXOGOS que vos axudaran a movervos un pouquiño.  Espero que vos gusten!!! Unha aperta.😘

domingo, 22 de marzo de 2020

IOGA PARA NENOS


Hai momentos nos que precisamos relaxarnos tamén, así que neste vídeo-conto propóñenvos traballar ioga a partir dos animais. Anímate a probar!!! Xa verás que divertido.😜😜



Si vos gusta tendes moitos máis en YouTube. Búscaos.



XOGOS CON GLOBOS

Ola chic@s!!!
Como vai ese confinamiento? Xa sei que ás veces pode ser algo aburrido pero debemos animarnos. 

Así que hoxe propóñovos xogos con globos. Mirade o vídeo porque unha imaxe vale máis que mil palabras e facede os que poidades, xa que para algún nos fai falta espazo e poida que non o teñamos. Veña, todos a xogar!!!


sábado, 21 de marzo de 2020

XOGUETE CON MATERIAL DE REFUGALLO

Agora propóñovos unha manualidade. Con ela os nenos traballaran o sopro, a respiración... Actividades que son moi importantes. Déixovos máis información sobre isto pinchando abaixo.

PINCHA AQUÍ

Atentos ao vídeo  nel móstranvos tanto o material necesario como a forma de facelo. É moi sinxelo.
MANS A OBRA!!!!

venres, 20 de marzo de 2020

XOGOS PARA FACER DENTRO DA CASA


Ola rapazada!!!!
Como vos foi co baile?. Dicirvos que si buscades en YouTube atoparedes unha chea de coreografías para bailar, facer zumba, aerobic...

Hoxe tráiovos un vídeo onde atoparedes unha chea de xogos e actividades para facer dentro de casa, non fai falta dispoñer dunha chea de espazo.
Ánimo. Nós podemos. Todos xuntos conseguirémolo e pronto nos volveremos a ver.


Agora a intentalo!!!!💪💪

XUNTOS PODEMOS!!!! 💪💪


Ola chic@s. Soamente fai unha semana que non nos vemos pero parece que pasou unha eternidade.

Así que me decidín a crear este blogue para manternos en contacto e propoñervos actividades, xogos, circuítos que podemos facer en casa.

Na páxina web do cole no apartado de INFANTIL xa había algunhas propostas e agora aportaremos máis desde aquí.

Comezamos bailando... estades preparados, pois adiante, a divertirse. Os papis tamén podemos bailar.






                        


Espero que vos gustaran!!!!!