xoves, 26 de marzo de 2020

DESPLAZAMENTOS

Bos días!!! Queredes xogarrrr? Propóñovos practicar os desplazamentos como facemos na clase. Eso sí teredes que explicarlle a papi e a mami como o facemos na clase de psico. Utilizamos animais para levalo a cabo  Comezamos :

- SERPES ( Reptar apoiando a barriga no chan)
- CANS- GATOS ( Cuadrupedias , coas mans e xeonllos apoiados no chan )
- OSOS ( Cuadrupedia, está vez apoiando mans e pés, cú arriba)
- RAS ( saltos agachados, cu abaixo)
- CANGUROS ( saltos en posición de pé)
- CANGREXOS ( Cuadrupedia invertida, pés e mans apoiadas e barriga mirando o teito)
- VERMES ( Reptar coa barriga mirando o teito)

Unha vez rematedes podedes bailar esta canción dos CANTAXOGOS que nos fala dos desplazamentos. A DIVERTIRSE!!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario