luns, 30 de marzo de 2020

TAREFA LUNS 30

SOMOS MESTRES DE PSICOMOTRICIDADE

Bos días a tod@s!!! Comezamos unha nova semana e temos que facelo con moita enerxía💪💪💪

Na proposta para hoxe teredes que axudarme. Como mestres  ides ensinarlle a vosa familia os xogos que vos propoño e que todos coñecedes:

Poderíamos comezar, como quecemento, coa rutina de desplazamentos que vos propuxen en días anteriores : reptar, saltar, cuadrupedias,... E despois:

O XOGO DO CAMALEÓN: lembrade, ese animaliño que cambia de cor. Para xogar precisaremos música e cando a música se pare teremos que tocar a cor que o mestre diga ( azul, verde, amarelo...). Pode ser na nosa roupa ou nalgún dos obxectos que nos rodean. Así repasaremos tamén as cores. Podedes utilizar a canción do camaleón que vos deixo no vídeo ou outra calquera, eso sí, ten que ser movida.



O XOGO DAS ESTATUAS MUSICALES: o xogo consiste en bailar mentres soa a música e quedarse quietos, coma estatuas, cando esta se deten. Podemos ir metendo instrucións como a estatua ten que ser de xeonllos, coa lingua fora, tocando as orellas, etc. Deixovos unha canción duns amigos meus, Uxía Lambona e a Banda Molona, por se a queredes utilizar:


A PASALO XENIAL!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario