venres, 19 de xuño de 2020

BO VERÁN A TODOS!!!

Ola a tod@s. Hoxe é o derradeiro día de clase polo que non vou colgar ningunha actividade. Aproveito para despedirme ata setembro. Gustaríame que fora en persoa, pero as veces as cousas non saen como un quere e temos que adaptarnos as circunstancias.

Quedádevos mellor desta situación, seguide traballando, esforzándovos, realizando actividade física e perseguindo os vosos soños.

agora só me queda decirvos que pasedes este verán da mellor maneira posible. Eu recoméndovos que busquedes un oco para facer exercicio. Moito ánimo!!!

Moisés.

xoves, 18 de xuño de 2020

CÁMARA E ACCIÓN!!!

BO DÍA RAPACES E RAPAZAS!! PARA HOXE DÉIXOVOS ESTE ENLACE NO QUE NOS PROPOÑEN UN XOGO PARA DEMOSTRAR AS NOSAS ARTES ESCÉNICAS. ESPERO QUE VOS GUSTE.

mércores, 17 de xuño de 2020

ÚLTIMO RETO


IMOS ALÁ CO ÚLTIMO RETO DO CURSO!!! TEDES TODO O VERÁN POR DIANTE PARA PODER FACELO ASÍ QUE CON CALMA. UNHA APERTA AMIGUIÑOS


💪😜💪😍

martes, 16 de xuño de 2020

BAILANDO SEN PARARRRR!!!

Bo día rapazada!!! Hoxe é martes e os martes é un día xenial para bailar!!! Estades preparados, pois adiante, a divertirse. Os papis tamén podedes bailar.




E un para os máis expertos....



luns, 15 de xuño de 2020

GLOBOS!!

Bo día rapazada!!! Comezamos a última semana así que hai que dalo todo. Para hoxe repetimos un das entradas que tivo máis éxito que é a dos globos. Así que veña!! Soamente precisamos dun globo e a xogar!!!




venres, 12 de xuño de 2020

EXPRESIÓN CORPORAL CO XOGO DAS ESTATUAS

Bo día rapaces!! Hoxe unha mestura entre o xogo das estatuas e a expresión corporal. Tamén imitaremos aos animais. Animádevos!!! Vamos a xogar!!!


Bo fin de semana a tod@s!!!

xoves, 11 de xuño de 2020

COMPLETITO!!!

Bo día nenos e nenas!! Para hoxe unha canción coa que vamos traballar a expresión corporal, o ritmo  e un montón de cousas máis. Sinxelo pero completo.



A MOVER O ESQUELETE!!!


martes, 9 de xuño de 2020

DÁNDOLLE AO COCO!!!

Ola rapazada!!! Hoxe vamos darlle ao coco para facer unha serie de exercicios ximnásticos. Require de concentración  para facer os xogos que nos propoñen. Espero que vos gusten. Ao choio!!!


luns, 8 de xuño de 2020

A REFRESCARSE!!!

Ola rapazada!!! Para hoxe deixo unhas ideas de xogos para facer con auga, agora que xa empeza a facer calorciño. Escollede os que máis vos gusten e a poñelos en práctica!!



A MOLLARSE!!!!

venres, 5 de xuño de 2020

FIN DE SEMANA!!!

Para hoxe e para o fin de semana a tarea é divertirse. Váleme calquer cousa: que vaiades ao parque, a praia, o monte, coa bici, co patín,etc. Disfrutade todo o que poidades do aire libre. Vamos rapazada!!!

xoves, 4 de xuño de 2020

XOGOS A MONTÓNS!!!

Ola rapazada!!! Como vos foi ...bailando???? Espero que pasárades un momento divertido, que é do que se trata. Para hoxe déixovos un montón de xogos. Entre todos eles seguro que encontrades un par deles que vos gusten e podedes practicalos. Ideas para  momentos de felicidade. Unha aperta amiguiños.



AO CHOIO!!!

mércores, 3 de xuño de 2020

MÉRCORES...BAILANDO!!!

OLA RAPAZADA!! HOXE UN SUPER RETO. 
ESTADES PREPARADOS...3,2,1, ACCIÓN





ESPERO QUE O DISFRUTEDES EN FAMILIA!!!😜😍

martes, 2 de xuño de 2020

SOMOS ARTÍSTAS!!!

Bo día rapazada!! Para hoxe algo distinto. As accións corporais do neno son as que establecen as relacións consigo mesmo e co resto de persoas do seu entorno, poñendo de manifesto a súa expresividade psicomotriz.
Por iso a necesidade de que exercicios creativos, de investigar, de descubrir e de experimentar sexan algo natural para eles.

Na actividade de hoxe debemos descubrir que hai detrás do telón a través do son que escoitamos e despois facer o mesmo que esa persoa que está detrás. Seremos capaces? Eu creo que sí. Veña ao choio!!!


luns, 1 de xuño de 2020

DE VOLTA!!!


Ola rapazada!!! Xa estamos de volta. Así que para hoxe déixovos uns cantos xogos que podedes facer con materiais que todos temos por casa, así que PREPARADOS, LISTOS, XA...


VEÑA RAPACES A DALO TODO!!!