venres, 29 de maio de 2020

ESTREO, ESTREO!!!


Bo día rapazada!!! Xa o temos aquí, recén saidiño do forno o vídeo da actividade: "PSICOMOTRICIDADE NA CASA"






ESPERO QUE VOS GUSTASE!!!!

E para o fin de semana... a pasalo ben saltando por onde vos queirades!!😜💪😎

xoves, 28 de maio de 2020

IMOS AO ZOO


Ola rapaces e rapazas!! Que tal vai todo? Hoxe un conto motor sobre un zoo e os hábitos na casa. Espero que vos guste. Escoitade o que din e imitadeo. Espero que disfrutedes un montón facéndoo. Unha aperta


mércores, 27 de maio de 2020

CAMPIÓNS DOS RETOS!!!

Hoxe é mércores e aquí están os retos...

RETO 1


RETO 2


RETO 3


ESPERO QUE DISFRUTEDES!!!

martes, 26 de maio de 2020

UN POUQUIÑO DE XIMNASIA!!

Bo día rapazada!!! Para hoxe rescatamos unha sesión de exercicios para os que soamente precisamos o noso corpo. Poñede atención aos movementos que vos propoñen durante o vídeo e ao choio!!!




Espero que vos gusten!!! Unha aperta enorme a todos!!!

domingo, 24 de maio de 2020

ÚLTIMO DÍA!!!

Lembrade que hoxe luns 25 é o último día para envíar as fotografías para a actividade "PSICOMOTRICIDADE  NA CASA"



Bo día rapazada!! Que tal foi o fin de semana? Moita calor, verdade? Menos mal que xa podemos sair e desde hoxe un pouquiño máis lonxe.  Pois para comezar a semana con ledicia e enerxía vamos a darlle un pouco o baile:








A PASALO XENIAL!!!!

venres, 22 de maio de 2020

A ENTRENAR!!

Bo día rapazada!! Hoxe e venres así que vamos a coller o fin de semana con alegría. Mirade o vídeo e  a entrenar!!!


BO FIN DE SEMANA PARA TODOS, AMIGUIÑOS

xoves, 21 de maio de 2020

BAILANDO!!

Ola rapazada!!! Como foron os retos de onte?  Espero que ben, coma sempre. E hoxe vamos a darlle un pouco de movemento ao corpo. Deixovos dúas cancións que podedes bailar seguindo pasos bastante sinxelos. Espero que vos gusten!!! Ao choio!!




UNHA APERTA AMIGUIÑOS!!

martes, 19 de maio de 2020

HOXE É.... MÉRCORES!!!

Ola nenos!! Estades preparados? Non escoito nada.... Estades preparados? Pois imos alá:


RETO



SUPER RETO




MEGA RETO





LATERALIDADE E MÁIS!!!


Bo día rapazada!!!! Como estamos hoxe? Pois eu con moitas gañas de facer cousas así que mirade, mirade:




Xa sabedes conto coas vosas fotos!!!


 E agora un xogo sobre lateralidade. Esta actividade e para facer en parellas así que mami ou papi poden axudarvos. Probade, xa veredes que divertido e ademáis podemos comezar ou afianzar a noción dereita-esquerda. Ao choio!!!





E para rematar unha canción sobre dereita-esquerda


luns, 18 de maio de 2020

CONTO MOTOR: O monstro das Cores

Boas rapazada!!! Que tal o fin de semana? Aproveitáchedes para sair un pouco? Espero que o pasárades ben.
Para hoxe un conto motor. Seguro que o coñecedes. Intentade facer os movementos que vos van dicindo. Veña, imos ao choio!!!


UNHA APERTA AMIGUIÑOS!!!

venres, 15 de maio de 2020

GÚSTANOS O RITMO!!!

Arriba campións!!!! Comeza o fin de semana e que mellor que comezalo con  unha canción con moooito ritmo. Veña a ver quen a aprende e é capaz  de seguila!!! Traballaremos o ritmo e a coordinación, xogando a aplaudir. Moito ánimo!!!


Déixovos tamén unha canción para repasar as partes do corpo. 


Voltaremos para a semana con moitas máis propostas amiguiños.
Unha aperta para tod@s.

xoves, 14 de maio de 2020

XIMNASIA EN FAMILIA

Ola nenos e nenas!!! Imos dedicarlle esta entrada aos papis e mamis que sempre coidan de vos e que sempre vos axudan. A proposta de hoxe é para que fagades unha serie de exercicios xuntos. A ver quen o fai mellor. Ao choio!! Moito ánimo!!!



mércores, 13 de maio de 2020

HOXE SUPER RETO E....SORPRESA!!!


Xa é mércores e aquí estamos con outra entrega dos vídeos do profe Moisés. Pero atentos que ao final tamén temos un xogo sorpresa...???


martes, 12 de maio de 2020

XOGOS!!

Bos días a todos campións e campionas!!! Para hoxe un par de xogos que espero que vos gusten.

O SEMÁFORO

Este xogo nos da a posibilidade de traballar rápido, lento e quietos. Pero unha imaxe vale máis que mil palabras. Aquí tedes o vídeo.


O REI PIDE

Para este xogo precisaremos a un papi ou mami que lles guste ser os reis ou raiñas da casa e que ademáis lles guste mandar. E senón seguide as ordes do vídeo, vale?
Moito ánimo e a divertirse!!!



UN DÍA MENOS 💪💪💪💪

luns, 11 de maio de 2020

MÚSICA A TOPE!!!

Ola rapazada!!! Xa de volta do fin de semana e con gañas de pasar un rato divertido. Así que aquí quedan as propostas para hoxe, uns minutos para disfrutar:

1º Canción Motriz. Móvete facendo o que din na canción. Imos alá!!! Veña a divertirse!!!




2º Moverse como animais. Parece sinxelo verdade, pois ao choio!!!





3º Meneo a tope. Vamos a darnos o gustazo de bailar un tiwst. Preparados, listos, xa!!!




venres, 8 de maio de 2020

CIRCUITO CASERO

Bos días rapazada!!! A proposta para hoxe e facer un circuito casero. Nestes vídeos veredes algunhas posibilidades pero papá e mamá poden axudarnos a facelo, seguro que teñen moi boas ideas. Camiñar salvando obstáculos, a catro patas, levando algo nas mans, arrastres polo chan, saltando de diferentes maneiras ( rana, canguro) Hai moitas posibilidades, imaxinación ao poder!! 





E para despedirnos podemos bailar todos xuntos esta canción que facemos na clase e que todos coñecedes. A pasalo xenial!!!



BO FIN DE SEMANA!!!

xoves, 7 de maio de 2020

TRANQUI, TRANQUI!!!

Que tal chic@s!!! Como foi o reto e o SUPER RETO? Espero que disfrutárades facéndoo.
Pois para hoxe algo máis tranquilo, un pouco de ioga para facer exercicios de forma relaxada. Buscade un bo sitio, con calma e comezamos.


MOITO ÁNIMO!!!

mércores, 6 de maio de 2020

CHEGOU O DÍA!!!!

Ola rapaces e rapazas!!! Hoxe déixovos un reto e unha nova sección. Espero que os disfrutedes.



AQUÍ TEDES A CANCIÓN


martes, 5 de maio de 2020

BUSCANDO TESOUROS

Que tal rapazada? Como vai todo? Menudo fin de semana máis longo!!!

Para hoxe propóñovos xogar a unha BUSQUEDA DO TESOURO. Colle algo que che guste moito e dille aos teus pais que cho escondan nun lugar da casa. Ti debes buscar ata atopalo. Recordades o que buscamos na clase? AS CHAVES DO PROFE MOISÉS. Esta vez non vai poder ser... pero pronto volveremos a facelo. Moito ánimo e a buscar!!!


E agora teño uns amigos que lles encantou a canción dun reto que vos propuxen fai algún tempo, creo que os coñecedes. Pois a bailar con todos eles. Imos ala!!!!




UN DÍA MENOS 💪💪💪