martes, 5 de maio de 2020

BUSCANDO TESOUROS

Que tal rapazada? Como vai todo? Menudo fin de semana máis longo!!!

Para hoxe propóñovos xogar a unha BUSQUEDA DO TESOURO. Colle algo que che guste moito e dille aos teus pais que cho escondan nun lugar da casa. Ti debes buscar ata atopalo. Recordades o que buscamos na clase? AS CHAVES DO PROFE MOISÉS. Esta vez non vai poder ser... pero pronto volveremos a facelo. Moito ánimo e a buscar!!!


E agora teño uns amigos que lles encantou a canción dun reto que vos propuxen fai algún tempo, creo que os coñecedes. Pois a bailar con todos eles. Imos ala!!!!




UN DÍA MENOS 💪💪💪

Ningún comentario:

Publicar un comentario