venres, 6 de novembro de 2020

venres, 19 de xuño de 2020

BO VERÁN A TODOS!!!

Ola a tod@s. Hoxe é o derradeiro día de clase polo que non vou colgar ningunha actividade. Aproveito para despedirme ata setembro. Gustaríame que fora en persoa, pero as veces as cousas non saen como un quere e temos que adaptarnos as circunstancias.

Quedádevos mellor desta situación, seguide traballando, esforzándovos, realizando actividade física e perseguindo os vosos soños.

agora só me queda decirvos que pasedes este verán da mellor maneira posible. Eu recoméndovos que busquedes un oco para facer exercicio. Moito ánimo!!!

Moisés.

xoves, 18 de xuño de 2020

CÁMARA E ACCIÓN!!!

BO DÍA RAPACES E RAPAZAS!! PARA HOXE DÉIXOVOS ESTE ENLACE NO QUE NOS PROPOÑEN UN XOGO PARA DEMOSTRAR AS NOSAS ARTES ESCÉNICAS. ESPERO QUE VOS GUSTE.

mércores, 17 de xuño de 2020

ÚLTIMO RETO


IMOS ALÁ CO ÚLTIMO RETO DO CURSO!!! TEDES TODO O VERÁN POR DIANTE PARA PODER FACELO ASÍ QUE CON CALMA. UNHA APERTA AMIGUIÑOS


💪😜💪😍

martes, 16 de xuño de 2020

BAILANDO SEN PARARRRR!!!

Bo día rapazada!!! Hoxe é martes e os martes é un día xenial para bailar!!! Estades preparados, pois adiante, a divertirse. Os papis tamén podedes bailar.




E un para os máis expertos....



luns, 15 de xuño de 2020

GLOBOS!!

Bo día rapazada!!! Comezamos a última semana así que hai que dalo todo. Para hoxe repetimos un das entradas que tivo máis éxito que é a dos globos. Así que veña!! Soamente precisamos dun globo e a xogar!!!




venres, 12 de xuño de 2020

EXPRESIÓN CORPORAL CO XOGO DAS ESTATUAS

Bo día rapaces!! Hoxe unha mestura entre o xogo das estatuas e a expresión corporal. Tamén imitaremos aos animais. Animádevos!!! Vamos a xogar!!!


Bo fin de semana a tod@s!!!