xoves, 26 de marzo de 2020

INFORMACIÓN SOBRE O BLOGUE

Boas tardes!!!
Como vai todo? Cansados de estar na casa? Bueno, sabedes que isto é unha situación moi especial e que é o mellor para todos, coidarnos durante un tempo para despois volver a vernos.
Queríamos lembrarvos que para acceder a este blogue podedes facelo desde a páxina web do cole( no apartado que pon NOVAS e despois buscando no apartado blogues) ou directamente desde google buscando https://oprofemoises.blogspot.com. Podedes facelo tanto desde un ordenador como desde un teléfono móbil.
Tamén temos un blogue para a Ed. Física de primaria que tamén está na páxina do cole e que tamén se pode buscar desde google https://efcanicouva.blogspot.com.
É posible que algún dos vosos amigos non este o corrente da existencia de estes blogues por iso precisamos da vosa axuda para darlle a maior difusión posible e que todos podades acceder as cousiñas que os mestres imos plantexando. Avisade a todos, vale 😜
Gracias. Ánimo e forza!!!!! 💪💪💪

Ningún comentario:

Publicar un comentario