luns, 20 de abril de 2020

ATENT@S E CONCENTRAD@S

Ola chic@s!!! Xa de volta da fin de semana. Hoxe vamos facer xogos de concentración. Precisaredes da axuda de papi ou mami para que vos axuden.

ENANOS E XIGANTES: Facémolo en clase. Neste xogo temos dous posicións:

- Xigantes: de pé cos brazos estirados.
- Enanos: agachados.

Temos que ir dicindo que posición queremos que adopten. Primeiro despacio, despois máis rápido e por último intentando enganalos. Sempre de pé sen moverse do sitio.


SIMÓN DI: Este é un pouco máis complicado. Os nenos deben reproducir aquelas accións que veñen precedidas de Simón di. Se digo a acción sen dicir simón dí non deben facelo. Deixovos un vídeo para que vexades como vai.



1,2,3: Este xogo é o máis complicado dos tres. Para os máis intrepidos. No vídeo ven perfectamente explicado. Xa sabedes retade a mami ou a papi. Pero sempre moi concentrados.



Ningún comentario:

Publicar un comentario