xoves, 23 de abril de 2020

PROPOSTAS PARA HOXE

Bo día a tod@s!!! Para hoxe traio dúas propostas.

A primeira sería para os máis mañosos e propóñovos facer unha manualidade coa que despois poderemos xogar. "GARRAFA TRAGABOLAS" Precisamos unha garrafa de plástico ou no seu defecto podemos unir varias botellas de plástico con cinta adhesiva e cortalas pola parte de arriba ( tamén valería unha caixa de cartón). Coa vosa imaxinación podedes adornala da forma que queirades. Despois con tapóns, pelotas de papel podemos xogar a metelas dentro. Abaixo tedes uns modelos. Mans ao choio.






A segunda proposta e máis movida.... Vamos a mover o esquelete. A ver quen é capaz de imitar estes bailes.... Animade aos vosos pais. Non hai como bailar en familia👏👏👏






VEÑA TOD@S A BAILARRRR!!!!
UN DÍA MENOS💪💪💪


Ningún comentario:

Publicar un comentario